LOBIOS, CUARTA PARADA DO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE RALLYSPRINT GT2I

2 octubre, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint – GT2i continúa esta fin de semana coa celebración da cuarta proba puntuable, o Rallysprint de Lobios.

Segunda edición da proba ourensá, 60 equipos na liña de saída dunha competición que atravesará os coñecidos e fermosos treitos da Baixa Limia, moi preto da fronteira con Portugal. Novamente a atención céntrase na loita polo título absoluto entre Antonio López Lence e Santiago Gil e o vixente campión, Javier Martínez Carracedo e José Antonio Vázquez Barrán. Ademáis, estarán presentes os equipos participantes na Copa Kumho e dous equipos extra.

En canto ao percorrido, mesmo trazado que na edición de 2025, con dous treitos cronometrados e comezo desde as 14:15 horas do mediodía. O primeiro participante chegará a Lobios ás 18:30 horas da tarde.

A entrega de premios está marcada para as 21:30 horas.

LISTA DE INSCRITOS

Os tempos online da proba poden seguirse na seguinte ligazón o a través de APP da Federación Galega de Automobilismo:

TEMPOS ONLINE RALLYSPRINT DE LOBIOS

Compartir