LISTADO DE PREMIADOS FGA 2025 E CONFIRMACIÓN DE OURENSE COMO SEDE DA GALA

17 diciembre, 2025

Coa tempada de automobilismo autonómico rematada, chega o turno de recoñecer aos mellores deportistas, organizadores e colaboradores do curso 2025. Nesta ocasión o lugar escollido será o Pazo Paco Paz de Ourense, que grazas a colaboración da Deputación de Ourense será adaptado para acoller ao máximo público posible nesta tarde noite de festa do motor.

A data escollida é o 17 de xaneiro (hora por determinar), cun aforo que permitirá a presenza dos galardoados e os seus acompañantes e o público en xeral sen apenas limitacións polo amplo espazo no que se celebrará.

A continuación publícanse os vencedores dos distintos trofeos que se entregarán na Gala. No caso de atopar algún erro, prégase enviar un correo electrónico a fga@fga.es coa corrección.

Nas vindeiras datas comezarán a enviarse as invitacións aos galardoados e galardoadas.

LISTADO PREMIADOS GALA FGA 2025

Compartir