JACOBO SENÍN E JORGE PÉREZ, OS MELLORES NO INICIO DO AUTONÓMICO DE MONTAÑA EN TABOADA

27 abril, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre comezou esta pasada fin de semana coa celebración da primeira proba puntuable, a 13ª edición da Subida a Taboada, en Lugo.

Primeira parada do certame e mesmos dominadores que en 2025, con Jacobo Senín coma vencedor absoluto da proba (e non carrozados) e Jorge Pérez Alonso, de estrea co novo Porsche 992 GT3 en carrozados.

Nesta ocasión, o triunfo do piloto de Cuntis non trouxo un novo récord, pero si unha primeira posición con dominio absoluto no crono. Senín marcou un tempo final de 2:58.660, algo máis de oito segundo máis rápido que o segundl clasificado, o ourensán Abrahán Vázquez, na súa segunda proba coa Osella.

O terceiro chanzo do podio foi a parar a mans de Jesús López «Pijo», co Forwin.

No cuarto posto da xeral e primeiro de vehículos carrozados situouse Jorge Pérez Alonso, que ademáis do triunfo marco un novo récord na rampa lucense. Segundo e terceiro foron Javier Carballo (Porsche 997 GT3) e Rubén Blanco (Mitjet Superturismo).

Na modalidade de carcross, primeira posición para Alfonso «Pisko» Ventín, seguido de Adrián Pereira e Pablo López. O becado da Federación Galega de Automobilismo, Álex Pereira, completou a súa primeira proba desta tempada na séptima posición da categoría.

Fernando Ferreiro e Antonio Martínez foron os primeiros clasificados en regularidade. Completaron o podio, Sito Cabral e José Manuel Quintas e Abel Yáñez e Lorena Salgado.

Compartir