DEZASEIS PILOTOS PARTICIPANTES NA SELECCIÓN DA 2ª BECA CARCROSS – FGA

29 enero, 2024

O domingo 14 de xaneiro o circuito da Pastoriza (Lugo) acolle a selección do segundo piloto que formará parte do equipo júnior da FGA no Campionato galego de Autocross 2024.

Finalmente son 16 xóvenes pilotos os que pugnarán por facerse co segundo dos asentos no equipo da “2ª Beca Carcross – FGA”, que conducirán sendos Yacarcross de nova construcción no certame autonómico de 2024.

Os pilotos admitidos nesta selección son os seguintes:

1. Pablo Molinos Buján
2. Iván Carmona Couce
3. Daniel Abellón Domínguez
4. Abel Torres Melón
5. Daniel Cierto Márquez
6. Martín Martínez Mira
7. Mateo Amorín Álvarez
8. Ángel Castro Noya
9. Manuel Bermúdez Barbeito
10. Blas Faustino Vidal
11. Mateo García Guerra
12. Álvaro Rivera Andrade
13. Froilán Gómez Lorenzo
14. Nico Dosil Francos
15. Unai Berdomás Ramos
16. Daniel Martínez Fariña

Todos os pilotos admitidos deberán seguir as indicacións de participación reflectidas no comunicado de prensa 301/23 publicado na sección “Derradeiros Comunicados” da páxina web da FGA.

Os participantes deben estar no Circuito da Pastoriza con tempo abondo para o comezo da formación e selección, que comezará as 09:00 horas da mañá.

Todos os seleccionados deben levar casco e guantes para poder realizar as probas prácticas.

Compartir