A FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOBILISMO ACORDA CON MRF A CREACIÓN DE DÚAS COPAS DE PROMOCIÓN PARA CARCROSS EN RALLYMIX E AUTOCROSS

29 enero, 2024

A Federación Galega de Automobilismo chegou a un acordo coa firma de pneumáticos MRF para a posta en marcha de dúas copas de promoción para carcross nos Campionatos galegos de Autocross e Rallymix da tempada 2024.

MRF aterriza no Campionato Galego de Autocross e no Campionato Galego de Rallymix cun formato no que se premiará a utilización deste novo pneumático para carcross.

Desta forma todos aqueles que desexen participar con MRF (non será obrigatorio) terán un aliciente económico superior, que se engadirán aos premios que xa se entregan actualmente polas distintas clasificacións e agrupacións.

O importe total de premios que se repartirán entre ambas competicións, Autocross e Rallymix, ascenderá ata os 10.000 euros aproximadamente.

Nas vindeiras xornadas publicarase o regulamento deste novo formato competitivo para carcross.

Compartir