CONTROL DE VELOCIDADE NOS PARQUES DE ASISTENCIA DAS COMPETICIÓNS EN GALICIA

8 julio, 2024

A Federación Galega de Automobilismo, dados os acontecementos das últimas probas, comunica que dende este momento e xa na vindeira proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes vaise controlar a velocidade dos vehículos participantes nos parques de asistencia.

Recórdase a todos os equipos participantes que a velocidade máxima permitida neste recinto é de 30 kilómetros por hora. Por iso, de cara a mellorar a seguridade nos mesmos, xa que son recintos nos que hai abundante público, organizadores e membros dos equipos, procederase a sancionar a todos aqueles que non cumplan con este criterio seguindo as indicacións do cuadro de sancións do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes (Anexo II, artigo 24.3).

Esta medida terá continuidade e chegará tamén ao resto de modalidades nas seguintes citas da tempada 2024.

Compartir