A FGA ADQUIRE NOVOS EQUIPOS DE PESAXE PARA O DEPARTAMENTO TÉCNICO

4 julio, 2024

A Federación Galega de Automobilismo continúa co proceso de renovación e modernización do material utilizado nas carreiras dos diferentes Campionatos Xunta de Galicia. Desta forma a FGA fíxose cun novo sistema de pesaxe para vehículos de competición, neste caso inalámbrico, o que favorece o seu transporte e uso durante as competicións galegas.

Este novo modelo, da marca Proform, xa estará disponible esta fin de semana para a súa utilización na Subida a Pontenova.

Durante as próximas semanas pecharase a adquisición de máis material adicado a mellorar as verificacións técnicas dos vehículos que participan nos distintos certames autonómicos.

Compartir