BERDOMÁS DEFENDE O LIDERADO DO GALEGO DE RALLYES NO MARIÑA LUCENSE

7 mayo, 2026

Co mes de maio chega a terceira parada do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi, o Rally Mariña Lucense.

Oitava edición e novo récord de inscritos na proba do norte de Galicia, que contará con nada menos que 127 equipos na liña de saída, 17 máis que o anterior máximo rexistro marcado na tempada 2024. Novamente estarán os principais candidatos a victoria no certame autonómico, con Dani Berdomás e Brais Mirón defendendo o liderado despois de dúas probas e outras tantas victorias.

Ademáis dos aspirante ao título e ao Supercampionato R5 estarán as Top Ten B Pirelli Grupo Breogán Plus e Classic; a Top Ten C coa Challenge Staroil coma protagonista; a Pirelli AMF e, como non, o Criterium Recalvi.

Un Rally Mariña Lucense que novamente terá a Viveiro coma o seu centro neurálxico e celebrará as verificacións no Aparcamento Grallal, a partir das 14:15 horas en sentido convencional.

Un pouco máis tarde, ás 20:00 horas dará comezo a cerimonia de saída dende a Avenida da Mariña, en pleno corazón da localidade.

Xa no sábado, retorno a un formato coñecido de tres treitos a triple pasada por Vicedo, Xove e Cervo, todos eles coñecidos polos afeccionados galegos.

Una vez completados os nove treitos cronometrados o primeiro dos participantes entrará no parque pechado final situado novamente na Avenida da Mariña de Viveiro ás 20:30 horas. A entrega de premios está marcada para as 23:00 horas na Conserveira, ao lado do parque de traballo.

Compartir