O Campionato Xunta de Galicia de Rallymix despide a tempada 2025 coa cita decana do certame, un Rallymix de Barbadás que afronta a súa undécima edición cun percorrido renovado e alongado ata os 7.9 quilómetros.
A localidade ourensá, que xa foi protagonista nos días anteriores por unha actividade de introducción e fomento da práctica do automobilismo nos arredores do estadio de Os Carrís, afronta unha fin de semana que comezará esta mesma tarde de venres coas verificacións técnicas da proba.
Xa durante o sábado, dende as 12:00 horas do mediodía, primeira das pasadas ao percorrido de nove quilómetros. O domingo a proba celebrará as dúas mangas restantes a partir das 09:30 horas da mañá.
En canto aos inscritos, a proba organizada por Escudería Barbadás rozará os 100 participantes. Os principais favoritos estarán presentes nesta carreira, que ademáis contará con varios equipos non habituais do certame.
