O Campionato Xunta de Galicia de Autocross comeza esta fin de semana en Arteixo por todo o alto. Finalmente serán 90 equipos os que estarán presentes na «Catedral» para afrontar a primeira das sete citas puntuables para un certame que non deixa de medrar.
Os cambios realizados nas últimas tempadas están xerando o efecto agardado e, desta forma, o espectáculo estará garantido.
Ademáis dos sempre abundantes carcross das Clases III e V, nesta ocasión serán 19 equipos en Clase I e 18 e Clase II, confirmando a recuperación destas dúas categorías imprescindibles no autocross galego.
Desta forma, as verificacións optativas comezarán xa este venres 20 de marzo pola tarde, deixando as obrigatorias para todos aqueles que non acudan na primeira xornada para o sábado a primeira hora.
Posteriormente comezarán as mangas de adestramentos e clasificación, co clásico parón do mediodía para reacondicionar o trazado.
Xa para a tarde, turno para as mangas finais, das que sairán os primeiros líderes dun Campionato Xunta de Galicia de Autocross que promete emocións fortes.
