ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA A TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA MÁIS TALENTO MOTOR DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

23 diciembre, 2025

A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo, presentou este mércores a terceira edición do programa “ Máis Talento Motor” que dará a oportunidade a un piloto pontevedrés de competir na tempada 2025 na Sandero Eco Cup Galicia, tal e coma sucedeu no anterior curso con Roi Rodríguez.

Esta selección, ao igual que sucedeu na tempada 2025, estará limitada a participantes de entre 18 e 24 anos censados en calquera dos concellos de Pontevedra e a un número de 30 aspirantes (ampliable).

Esta iniciativa conta co ademáis apoio da FGA, Recalvi, Rodosa, Pirelli e AMF Motorsport, que contribúen a completar o presuposto desta acción que procura a captación de novos talentos no automobilismo galego.

O prazo de inscripción comeza este martes 23 de decembro e estará aberto ata o 16 de xaneiro ás 12:00 horas da mañá. O proceso de selección terá lugar o día 18 de xaneiro nun trazado da provincia de Pontevedra do que sairá o vencedor da terceira edición de “Máis Talento Motor Deputación de Pontevedra”.

As bases e formulario de inscripción pódense descargar na seguinte ligazón.

BASES E INSCRIPCIÓN MÁIS TALENTO MOTOR 2026

Compartir