ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA A SELECCIÓN «BREOGÁN JÚNIOR TEAM» 2025

30 enero, 2025

O grupo Breogán Motor, coa colaboración da Federación Galega de Automobilismo e AMF Motorsport, porán en marcha na tempada 2025 o «Breogán Júnior Team», un proxecto de promoción do automobilismo a nivel galego orientado a pilotos sen experiencia no mundo dos rallyes.

Este proxecto dará a oportunidade a un xoven de calquera das catro provincias galegas de entre 18 e 24 anos (a cumprir no ano 2025) de competir dentro do Criterium Galicia Recalvi aos mandos dun Toyota Aygo mantido por AMF Motorsport.

Todos os interesados en participar no proceso de selección que terá lugar o día 16 de febreiro no circuito de A Pastoriza deben completar o formulario e facer efectivo o pago antes do 12 de febreiro ás 12:00 horas do mediodía.

Esta selección está limitada a 30 aspirantes que serán admitidos por rigurosa orde de inscripción.

As bases desta selección e o formulario da mesma atópanse a continuación:

BASES E FORMULARIO BREOGÁN JÚNIOR TEAM 2025

Compartir