ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA A SEGUNDA EDICIÓN DA SELECCIÓN «MÁIS TALENTO MOTOR» DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

30 enero, 2025

A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo, presentou este mércores a segunda edición do programa “ Máis Talento Motor” que dará a oportunidade a un piloto pontevedrés de competir na tempada 2025 na Sandero Eco Cup Galicia, tal e coma sucedeu no anterior curso con Yago Martínez.

Esta selección, ao igual que sucedeu na tempada 2024, estará limitada a participantes de entre 18 e 24 anos censados en calquera dos concellos de Pontevedra e a un número de 30 aspirantes.

Ademáis, coma novidade, se o vencedor da Sandero Eco Cup Galicia é un piloto que cumpla cos requisitos do programa +Talento Motor terá unha axuda adicional para competir na tempada 2026 no Clio Trophy Galicia, algo do que xa se aproveitará Yago Martínez, que terá ao seu lado á tamén pontevedresa Melisa Lorenzo.

Esta iniciativa conta co ademáis apoio da FGA, Recalvi, Rodosa, Pirelli e AMF Motorsport, que contribúen a completar o presuposto desta acción que procura a captación de novos talentos no automobilismo galego.

O prazo de inscripción comeza este martes 30 de xaneiro e estará aberto ata o 19 de febreiro ás 12:00 horas da mañá. O proceso de selección terá lugar o día 23 de febreiro nun trazado da provincia de Pontevedra do que sairá o vencedor da segunda edición de “Máis Talento Motor Deputación de Pontevedra”.

As bases e formulario de inscripción pódense descargar na seguinte ligazón.

BASES E FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

Compartir