A MADALENA PECHA O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE KARTING

26 septiembre, 2025

Fin de festa competitivo esta fin de semana no Circuito de A Madalena, en Forcarei. O trazado pontevedrés acolle a cuarta e última proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Karting, que nesta ocasión contará con 90 equipos entre tódalas categorías puntuables para os diferentes certames autonómicos.

A actividade comezará xa o sábado cos adestramentos libres e as carreiras da categoría non competitiva pre-rookie, o inicio no mundo da competición para os deportistas máis novos de Galicia.

O domingo, dende as 09:15 horas da mañá, turno para o resto de categorías cos adestramentos libres e clasificatorios. Ás 11:50 comezará a primeira carreira e xusto a continuación a segunda e definitiva.

A entrega de premios está marcada para as 15:30 horas, aproximadamente.

Compartir