A Federación Galega de Automobilismo porá en marcha esta tempada 2025 un programa de axudas directas aos organizadores de probas dentro dos Campionato Xunta de Galicia. A procura de novos recursos privados por parte do ente federativo permitirá aportar unha cantidade económica para sufragar algúns dos gastos que acarrea a posta en marcha de probas en Galicia.
No caso da montaña, a axuda engádese a que xa teñen pola emisión do streaming que comezou xa na tempada 2023.
Ademáis, estas axudas sumaranse ás que concede actualmente a Xunta de Galicia. Neste caso, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, solicitou un aumento das partidas para os distintos certames, cifras que aínda non foron aprobadas.
As axudas dos distintos certames están condicionadas a instalación da publicidade do patrocinador nas probas, na cartelería e documentos oficiais das mesmas, sempre en proporción á cantidade aportada e sen supoñer un prexuizo para o organizador.
Estas cantidades poderían modificarse no caso de fructificar as negociacións con novos patrocinadores.
A continuación desglósase o importe das axudas aos organizadores na tempada 2025, pendente da aprobación por parte da Xunta de Galicia.
