A Federación Galega de Automobilismo, como parte do seu compromiso coa formación e mellora do coñecemento dos deportistas autonómicos porá en marcha o día 25 de xaneiro pola tarde en Lalín unha charla sobre «técnicas de conducción» impartida por Antonio Solórzano, de PTC Escuela.
Esta actividade, integrada dentro da Escola de Formación Estanislao Reverter, terá unha duración de entre 3 e 4 horas, todas elas teóricas.
A inscripción é gratuita e o prazo remata o día 22 de xaneiro ás 12:00 horas do mediodía.
Para inscribirse nesta charla é preciso encher o formulario que se atopa a continuación:
