A FGA CONFIRMA A 3ª EDICIÓN DA CHALLENGE R2 – STAROIL NO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE RALLYES PARA 2027

9 noviembre, 2026

A Federación Galega de Automobilismo (FGA) anuncia oficialmente a celebración da terceira edición da Challenge R2 – Staroil dentro do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes na vindeira tempada 2027.

Tras o balance positivo das edicións anteriores, tanto polo bo funcionamento deportivo e organizativo da copa como pola notable resposta en canto a número de inscritos, a continuidade do proxecto preséntase como un paso natural para seguir impulsando a competitividade da categoría R2 no automobilismo galego.

De cara á tempada 2027, o formato deportivo manterá a estrutura que tan bos resultados deu ata o momento:

  • Calendario: Constará dun total de cinco probas puntuables.

  • Descartes: Aplicarase un descarte sobre o total dos resultados obtidos.

  • Clasificación: Será obrigatorio participar nun mínimo de tres probas para poder figurar na clasificación xeral final da Challenge.

Dende a FGA realízase este anuncio con antelación suficiente para que todos os equipos e pilotos interesados poidan comezar a planificar os seus orzamentos, loxística e proxectos deportivos de face á tempada 2027 coa máxima marxe de tempo posible.

Nos vindeiros meses iranse dando a coñecer máis detalles sobre o calendario definitivo, o regulamento e a apertura de inscricións.

Compartir