A FGA APRAZA A PRESENTACIÓN DO DESEÑO GAÑADOR DO «FGA NAS AULAS» AO INICIO DA TEMPADA 2027

3 noviembre, 2026

A Federación Galega de Automobilismo informa de que a presentación oficial do deseño gañador do concurso de debuxo do programa educativo «FGA nas Aulas» queda posposta ata a primeira proba oficial da vindeira tempada 2027.

Esta decisión vén motivada pola imposibilidade de dispor a tempo do vehículo co que compiten Miguel Gayoso e Carlos Guitián para proceder aos traballos de rotulación antes da última proba do certame, o Rally Ourense – Ribeira Sacra. O accidente sufrido pola parella no pasado Rallye San Froilán impide completar as tarefas de reparación e preparación da carrozaría nos prazos previstos.

Deste xeito, será o equipo becado pola FGA na tempada 2027 o encargado de estrear e lucir a nova imaxe escollida na proba inaugural do vindeiro calendario autonómico.

Dende a Federación Galega de Automobilismo lamentamos os posibles inconvenientes que este cambio de plans poida ocasionar e agradecemos a comprensión de todos os participantes, centros educativos e afeccionados.

Compartir