APRAZADO O CURSO DE CRONOMETRAXE EN NOIA O DÍA 30 DE AGOSTO

7 agosto, 2025

Actualización 13 de agosto:

A Escudería Berberecho informou a Federación Galega de Automobilismo do aprazamento do curso de Cronometraxe en Automobilismo.

A nova data do curso será comunicada en canto sexa posible.

A Escudería Berberecho, en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo e a Deputación de A Coruña organizarán o día 30 de agosto en Noia un Curso de Cronometraxe en Automobilismo.

Este curso, homologado pola FGA, celebrarase na Casa da Cultura de Noia en horario de 10:00 a 14:00 horas da mañá e terá un prezo de 10 euros (material incluído).

PROGRAMA

  • Benvida e presentación. Entrega de material do curso.
  • Conceptos básicos sobre automobilismo.
  • Modalidades dentro da FGA.
  • Pausa 15 min.
  • Funcións dun cronometrador.
  • Material utilizado. Funcións e manexo.
  • Casos prácticos.
  • Simulación controis.
  • Exame Final.

Para confirmar a inscripción é preciso enviar o xustificante do pago (incluir no concepto o nome do participante) ao correo fga@fga.es

A inscripción pode realizarse na seguinte ligazón:

INSCRIPCIÓN CURSO CRONOMETRAXE NOIA

Compartir