A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INCREMENTA O SEU APOIO ÁS ORGANIZACIÓNS DE PROBAS AUTOMOBILÍSTICAS GALEGAS

13 agosto, 2025

As organizacións de probas automobilísticas na provincia de Pontevedra recibiron fai uns días a positiva nova do considerable aumento das subvencións da Deputación para a tempada 2025. Este aumento na aportación pública aos eventos de motor autonómicos e nacionais en Galicia prodúcese polas xestións realizadas polo presidente, Antonio Rodríguez Troitiño e o grande retorno que están a obter tanto as probas coma as accións conxuntas na promoción do deporte e da cultura saudable.

Dende a FGA queremos mostrar o noso agradecemento por esta aposta clara que a Deputación de Pontevedra está a facer polo automobilismo, xa sexa co firme apoio aos organizadores galegos coma os distintos proxectos de difusión do deporte que realiza, coma o programa «Máis Talento Motor» ou a súa participación activa nas charlas do programa «FGA nas Aulas de Primaria».

A continuación móstranse as subvencións concedidas aos organizadores que as solicitaron en tempo e forma:

  • Escudería Rías Baixas: 25.000 €
  • Escudería Lalín Deza: 8.543.65 €
  • Escudería Surco: 8.543.65 €
  • Congostra Team Sanxenxo: 8.543.65 €
  • Escudería Estradense: 6.065.99 €
  • Escudería Ponte Caldelas: 3.061.47 €
  • Escudería A.D. Cantera Competición: 3.502.90 €
  • Desguaces Tino Racing: 5.078.11 €
  • Escudería Portas Motor: 4.988.28 €
  • Escudería Cuntis V.T.: 4.780.98 €
  • Escudería SIlleda: 5.517.77 €
  • FGA para a organización do Karting de A Madalena: 1.769.71 €

 

Compartir