LEA, LÓPEZ, GARCÍA E BERMÚDEZ PECHAN O CURSO CON VICTORIA EN O CASTRO

2 noviembre, 2024

O Campionato Xunta de Galicia baixou o pano de cadros por última vez esta tempada en O Castro, séptima data puntuable e que se celebrou este sábado 2 de novembro tras ser posposto polo temporal caído na comunidade semanas atrás.

Nunha xornada co sol e a calor como compañeiros de viaxe, os equipos participantes no campionato repartiron os últimos podios dun ano positivo tanto en competitividad coma en participación.

Na clase I, reservada a vehículos de -1600, primeiro posto para Javier Lea, que no seu Citroën Saxo detivo o crono en 7:53.415, apenas un segundo máis rápido que Manoel Felipez e Martín Castro, que foron segundo e terceiro, respectivamente.

Jon Ander López pechou a tempada cun novo triunfo na clase II, reservada a +1600. Alfonso Álvarez e Felipe Santos, ambos da Escudería Arteixo Motorsport, ocuparon o segundo e terceiro chanzo do podio nesta carreira de peche de curso.

Entre os participantes da Clase V, primeiro posto para Manuel Bermúdez, aos mandos do Yacarcross e nunha proba con oito júnior presentes. A continuación situáronse Joao Traila e Iago Rodríguez, no Yacar e o LaBase.

Na Copa MRF júnior, primeiro posto para Álex Mariño, becado da FGA. Mariño superou a Manuel Martins e Dani Abellón, que sufriu unha penalización nesta manga final.

Por último, entre os participantes da Clase III, primeiro posto na final para Diego García, que levou o LifeLive a meta por diante de Sergio Bastón e Sergio Busto.

Precisamente Sergio Busto foi o primeiro clasificado na Copa MRF, con Iván Muñiz na segunda posición.

Compartir