TRIUNFO PARA PABLO CASTRO EN SARRIA

26 octubre, 2024

Pablo Castro, aos mandos do Citroën AX, foi o vencedor do Slalom de Sarria, novena proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.

A cita lucense, que reuniu a máis de 40 equipos no centro urbano da localidade, ofreceu emoción ata o último segundo, xa que a victoria decidiuse por un segundo en favor de Castro.

O do Ax, un dos pilotos máis en forma do certame, deixou fixado o crono en 1:45.050, crono ao que tan só se achegou Rubén Gandoy, que finalmente ocupou o segundo lugar despois dunha primeira manga oficial con dificultades.

O terceiro posto do podio foise a mans de Manuel Trevín, no Citroën Saxo, pero xa a máis de catro segundos do primeiro clasificado da carreira.

Completaron os cinco primeiros clasificados José Manuel Fernández e Diego Gómeez,  no Peugeot 206 e o BMW 325, respectivamente.

José Luis López foi o primeiro clasificado dentro dos participantes na categoría de debutantes, seguido de Adrián Insua e de Víctor López.

Marta Loureiro foi a participante feminina mellor clasificada da proba de Sarria.

O Campionato Xunta de Galicia de Slalom despediráse no mes de novembro coa celebración do Slalom Scratch Fene.

Compartir