TODO LISTO PARA O RALLYE SUR DO CONDADO

11 julio, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Rallyes retómase esta fin de semana coa celebración da séptima data puntuable, o Rallye Sur do Condado.

A proba pontevedresa, unha das máis longas de todo o certame autonómico, contará con 12 treitos cronometrados, ademáis dun shakedown na mañá do venres 12 de xullo.

Precisamente, o venres 12 de xullo a partires das 21:00 horas, no Recinto Amurallado do Castelo en Salvaterra de Miño, terá lugar a cerimonia de saída da proba.

O sábado 13 de xullo, turno para os 12 treitos cronometrados da carreira, con comezo ás 09:03 horas e chegada do primeiro participante de volta a Salvaterra ás 22:35 horas.

En canto a lista de inscritos, neste Rallye Sur do Condado estarán os principais candidatos ao título, con Víctor Senra como grande favorito aos mandos do Citroën C3 WRC. Tamén marcarán presenza Alberto Meira e Avelino Martínez, Dani Berdomás e Brais Mirón ou os locais Jorge Pérez e Miriam Vera e Manuel Fernández e Alex Cid, entre outros, nunha elenco que chega aos 117 equipos.

Ademáis tamén estarán o Clio Trophy e Sandero Eco Cup Galicia, o Volante FGA e a PXP25, a AMF, os formatos Top Ten Pirelli e como non, os participantes dentro do Supercampionato R5 Recalvi Pirelli.

Compartir