O PROGRAMA FGA NAS AULAS FIXO PARADA NO CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DE A FONSAGRADA, EN LUGO

23 mayo, 2024

O programa de promoción do automobilismo “FGA nas Aulas de Primaria” chegou a súa novena parada do ano 2024 coa visita ao CEIP Plurilingüe Santa María de A Fonsagrada, nunha actividade que conta coa colaboracion de GADIS e a participación de Lácteos Kalekói.

Nesta ocasión os invitados a esta xornada lúdica e de introducción ao automobilismo de competición foron Beni Martínez e Marcos Martínez, que ademáis levaron o seu Ford Sierra Cosworth para darlle un toque de cor a unha mañá de convivencia e aprendizaxe.

Ao longo de máis de unha hora, os 45 alumnos aprenderon sobre seguridade nas probas de competición, as diferenzas de unha a outra e incluso o que é preciso para convertirse en piloto ou copiloto, sempre nun ambiente lúdico que rematou cunha interesante rolda de preguntas dos máis pequenos.

Ademáis e coma xa se fixo nas anteriores paradas do programa “FGA nas Aulas”, os alumnos coñeceron os detalles do concurso de debuxo que fará que o gañador desta edición decore o Renault Clio Rally5 de Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey nunha proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallys.

Compartir