NACE A COPA AYGO 2027 NO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE RALLYES – RECALVI

29 octubre, 2026

Despois de varios meses de intenso traballo a Copa Aygo Galicia 2027 xa é unha realidade. Esta nova competición monomarca nace co obxectivo de ofrecer aos pilotos galegos un formato accesible, igualado e cunha importante bolsa de premios económicos.

A Copa Aygo Galicia 2027 disputarase ao longo de 6 probas puntuais integradas no calendario autonómico. Para optar á clasificación xeral final, os equipos deberán completar un mínimo de 4 probas, permitíndose ademais 1 descarte do peor resultado obtido ao longo da tempada.

Este formato promocional monomarca non puntuará dentro do Criterium Recalvi.

O calendario provisional estará composto polos seguintes rallyes:

  • Rally do Cocido

  • Rally de Noia / Rally de Ferrol (pendente de confirmación definitiva)

  • Rally de Pontevedra

  • Rally Sur do Condado

  • Rally Comarca de Carballiño

  • Rally San Froilán

A organización repartirá 17.000 euros en premios ao longo da tempada. En cada unha das 6 probas, a contía distribuirase da seguinte maneira:

Posición Premio Económico
1º Clasificado 1.400 €
2º Clasificado 700 €
3º Clasificado 500 €
4º Clasificado 200 €

Ademais dos premios por carreira, haberá un premio final de tempada que se anunciará proximamente no regulamento oficial.

No apartado técnico, AMF Motorsport será o subministrador oficial dos pneumáticos semi-slick da marca Yokohama, garantindo así a igualdade de condicións para todos os participantes.

O certame conta co patrocinio e apoio de Grupo Breogán, Sorrybut, Igar Construccións e a Federación Galega de Automobilismo (FGA).

Compartir