Antonio López Lence e Santiago Gil, aos mandos do Peugeot 205 Yacar, foron os vencedores do Rallysprint de Lobios, cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint – GT2i.
Lence e Gil sumaron o seu cuarto triunfo noutras tantas probas celebradas cun crono final de 25:59.100, 25.5 segundos máis rápido que o vixente campión, Javier Martínez Carracedo, copilotado por José Antonio Barrán.
O terceiro chanzo do podio, a tan só 9 segundos de Carracedo foi para Diego Félix e Héctor Rodríguez, no Peugeot 208 R2.
Completaron os cinco primeiros clasificados José Antonio Sanmamed e Mónica Seara e Emilio Vázquez e Dani González, que a súa vez foron os gañadores da Copa Kumho.
Precisamente, neste formato promocional, a segunda posición foi para Jacobo Collazo e Adrián Guillade e o terceiro para Daniel Vázquez e Álvaro García.
Nos históricos, primeiro posto para Javier Ramos Grille e a local María Silva, no Ford Sierra Cosworth. Antonio Vázquez e Alberto Santamarina foron segundos e Santiago e José Manuel Busto, terceiros.
Ademáis, entre os extra, bo debut co Skoda Fabia R5 para Brais Garrido e Alejandro Bolaño, seguidos de Toño Gómez e Rubén Soto.
A seguinte proba puntuable para o certame autonómico terá lugar en As Somozas o 31 de outubro.
