CANCELA, LÓPEZ, LORENZO E TRAILA, GAÑADORES EN SANTA COMBA

27 septiembre, 2026

Cancela, López, Lorenzo e Traila foron os vencedores do Autocross de Santa Comba, sexta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade

Na Clase I, primeira posición para Luis Miguel Cancela, no Peugeot 106. A segunda posición foi para Javier Lea e a terceira para Alejandro Vecino.

Jon Ander López, no Citroen Saxo, foi o mellor na movida final da Clase II. A segunda posición foi para Martín Castro e a terceira para Dani Castro.

Beto Lorenzo confirmou unha vez máis o seu excelente estado de forma co triunfo na Clase III en Santa Comba. O do LifeLive tivo como compañeiros de podio a Sergio Suárez e a Darío Calviño.

Na Copa MRF, o gañador foi Iván Baloira seguido de Manuel Costas.

Por último, entre os participantes da Clase V, os carcross júnior, primeiro lugar para Joao Traila, seguido de Pablo Molinos e Mateo Villar.

Molinos logrou o triunfo ademáis na MRF Júnior, con Manuel Mariño, integrante do FGA Júnior Team by Maxi Deza en segunda posición.

Con estos resultados, Jon Ander López, Joao Traila e Beto Lorenzo son xa novos campións galegos de autocross a falta dunha proba por disputar.

Compartir