O Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre non se detén e esta fin de semana chega o turno da Subida A Pontenova, terceira cita puntuable do certame.
En total serán 54 equipos os que tomarán a saída na espectacular rampa lucense, que goza dun dos mellores trazados de todo o calendario.
Na liña de saída, os principais candidatos na categoría de non carrozados, pero unha ausencia importante na outra, a de carrozados, Jorge Pérez. O vixente campión non estará presente para defender a súa victoria e deixa máis aberta a loita polo primeiro lugar da clasificación da modalidade.
A proba comezará hoxe coas verificacións optativas, coas obrigatorias para os equipos que non se presenten no venres para o sábado á mañá.
As mangas darán comezo o sábado as 15:30 horas, cunha de adestramentos e dúas oficiais.
Xa para o domingo, mesmo planning, con comezo ás 09:30 horas.
Ao término da proba a entrega de premios terá lugar en pleno corazón da Pontenova.
