ARTEIXO ACOLLE A CUARTA PROBA DO GALEGO DE AUTOCROSS CON CASE 100 INSCRITOS

26 junio, 2026

Case 100 equipos inscritos. O Campionato Xunta de Galicia de Autocross prosigue esta fin de semana coa celebración da cuarta proba puntuable, un Autocross de Arteixo que marca unha das cifras de participantes máis altas dos últimos anos.

O trazado coruñés, en pleno proceso para obter a homologación para ser puntuable para o Europeo, acolle unha proba na que estarán presentes tódalas categorías e haberá presencia de pilotos non habituais, coma Sergi Pérez, Álvaro Muñiz ou Diego Ruiloba, entre outros.

Ademáis, os principais candidatos ao título autonómico estarán presentes para continuar con unha loita marcada pola igualdade e a espectacularidade durante este 2026.

Con respecto aos horarios, a proba terá verificacións optativas durante a tarde do venres 26 de xuño, deixando as obligatorias para os que non se presenten o venres para o sábado pola mañá.

Posteriormente, ás 09:30 horas darán comezo as mangas de warm-up. Ás 10:30 horas, turno para as mangas de adestramentos, co inicio das clasificatorias marcado para ás 15:00 horas.

As finais comezarán as 19:00 horas.

Compartir