O Campionato Xunta de Galicia de Rallymix continúa esta fin de semana coa celebración da segunad proba puntuable, un Rallymix de Guitiriz que da man de Scratch Fene debuta no certame autonómico.
Primeira toma de contacto con esta especialidade para a proba lucense e 86 equipos na liña de saída, nunha lista de inscritos que contará cos principais candidatos ao título nos distintos certames e trofeos.
Desta forma, Alfonso «Pisko» Ventín parte como favorito na Clase A con permiso de pilotos como Antonio López, Sergio Fernández, Victor Manuel Fernández, Abel Jurado ou Darío Calviño, entre outros. Na clase B, Iago Caamaño e Alberto Rodríguez defenden o liderado do certame aos mandos do Ford Fiesta R5. Tamén contan con opcións os irmáns Iglesias, Tino e Jorge ou os locales Paco Dorado e Andrea Lamas, no Skoda Fabia Rs Rally2.
En canto a actividade deportiva, este venres comezará coas vefiricacións técnicas voluntarias na propia localidade. Xa para o sábado, turno para as verificacións do resto dos participantes e as primeiras mangas oficiais, que darán comezo ás 12:30 horas do mediodía. Xusto a continuación terán lugar as outras dúas restantes.
Xa no domingo, turno para as derradeiras mangas cronometradas. A cuarta comezará ás 08:30 horas e a quinta e definitiva xusto a continuación.
Toda a información está disponible no Sportity da proba:
