BERDOMÁS E MIRÓN TRIUNFAN EN PONTEVEDRA

7 junio, 2026

Dani Berdomás e Brais Mirón, no Citroën C3 Rally2, foron os vencedores do Rally de Pontevedra, cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi.

Berdomás e Mirón sumaron o seu terceiro triunfo en catro citas puntuables, nunha xornada marcada polo cambio de tempo do primeiro treito da mañá, con bastante choiva, ao resto da xornada, con sol e moita calor.

Desta forma, os do Citroën amplían a súa vantaxe ao fronte do certame e no Supercampionato R5 Pirelli Recalvi, no que levan unha traxectoria case perfecta (1:00,47.7).

O segundo chanzo do podio foi para Jorge Cagiao e Javi Martínez, na estrea do Toyota Yaris GR Rally2.

O equipo do Recalvi Team quedouse a 11.1 segundos do triunfo nunha xornada de adaptación ao vehículo que utilizarán no Rally de Ourense.

Terceiros foron finalmente Alberto Meira e Avelino Martínez, que sufriu a rotura dun palier no seu Skoda Fabia R5.

Na Top Ten Pirelli B, primeira posición para Tino e Jorge Iglesias (1° Top Ten B Plus), seguidos de Beni Puceiro e Christopher Telmo e Adrián Regueira e Sergio Fernández.

No Clio Trophy Galicia, segundo triunfo noutras tantas probas para Miguel Gayoso e Carlos Guitián, que ademáis foron primeiros na Top Ten C Pirelli Driver Autia. Completaron o podio da copa, Guillermo Martínez e Nacho Sayáns e Adri Torreiro e Pedro Rivas.

David Rivas e Jose Vieitez leváronse a victoria na Challenge R2 Staroil (2° Top Ten C), por diante de Jorge Pérez e Christian Álvarez (3° Top Ten C) e Pablo Sánchez e Rubén Tourón.

Na AMF Pirelli, segundo triunfo consecutivo para Marcos Sanromán e Uxía Freire, seguidos de Alexis Vieitez e Alex Goldar e Joaquín Pérez e Adrián Muñiz.

Jorge Brenlla e Iván Suárez firmaron a súa primeira victoria na AMF Orixe.

Por último, Yeray González e Alberto Rodríguez repetiron victoria no Volante FGA. O segundo posto foi para Alejandro e Iván Cagiao e o terceiro para Pablo e Eloy Lorenzo.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi terá lugar no mes de xullo con motivo do Rally Sur do Condado.

Compartir