Este sábado 6 de xuño o Campionato Xunta de Galicia de Autocross continúa coa celebración do Autocross de Carballo, terceira cita puntuable para o certame e que finalmente terá 89 equipos nas diferentes grellas de saída.
Nova parada do certame autonómico e novo incremento de participación con respecto a pasada tempada. Nesta ocasión serán 18 equipos máis que no 2025 e por primeira vez no curso estarán presentes as seis categorías, incluindo SCC e Superbuggy.
As verificacións técnicas optativas comezarán este venres e continuarán o sábado 6 pola mañá.
A continuación, xusto despois do briefing, turno para as primeiras mangas que comezarán co warm up ás 09:30 horas. Os adestramentos comezarán ás 10:10 horas.
Despois do parón do mediodía iniciaranse as clasificatorias e as finais a partir das 14:30 horas.
As finais están marcadas para as 18:30 horas.
