O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE SLALOM ARRINCA EN AS PONTES

29 mayo, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Slalom arrinca esta fin de semana na única proba que se celebra nun circuito permanente, o Slalom de As Pontes.

A cita coruñesa, unha das imprescindibles do certame autonómico contará con nada menos que 83 equipos, unha cifra de récord que se suma a tendencia dos outros campionatos.

Entre os favoritos, iván Picallo defenderá o título de 2025 fronte a pilotos coma Anxo Lariño, Pablo Castro ou Manuel Trevín, entre moitos outros.

A proba comezará este sábado 30 de maio ás 11:00 horas da mañá coa primeira das pasadas de adestramentos. Ás 16:00 horas iniciarase a primeira manga oficial, coa segunda xusto a continuación.

A entrega de premios está marcada no propio circuito a partir das 22:00 horas da noite.

O sportity da proba é: ASPONTES26

Compartir