LENCE E GIL GAÑAN EN SILLEDA E SON MÁIS LÍDERES DO CERTAME DE RALLYSPRINT

18 mayo, 2026

Antonio López Lence e Santiago Gil lograron a victoria no Rallysprint de Silleda, segunda proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint – GT2i.

Lence e Gil foron os mellores nunha proba que contou con pleno de inscritos e moitísimo publico disposto a desfrutar dunha xornada de competición que tivo a choiva coma compañeira de viaxe intermitente.

A pesar de ceder o mellor crono no primeiro treito, a parella do Peugeot 205 Yacar mostrou a súa consistencia para sumar o seu segundo triunfo noutras tantas probas a asentar o seu liderato no certame.

O segundo posto da clasificacion foi para Javier Martínez Carracedo e José Barrán, que retornaron ao podio despois da retirada por saída de estrada da primeira cita puntuable.

Completou o podio o piloto local, Marco Lorenzo, que no Renault Clio Rally5 e copilotado por José Ángel Fente, puxeron as cousas moi complicadas aos pilotos de cabeza.

Na Copa Kumho, primeiro posto para Emilio Vázquez e Dani González, no rapidísimo Peugeot 106 Kitcar. O segundo posto neste formato promocional foi para Sergio Otero e Noel Claro, líderes do certame, e o terceiro para Jacobo Collazo e Adrián Guillade.

Nos históricos, primeira posición para Rafael Portas e Antonio Moledo. Antonio Vázquez e Alberto Santamaría foron segundos e Juan Carlos Simaes e Diego Túñez, terceiros.

Por último na categoría extra, primeira posición para Alberto Nimo e Félix Quintela no Skoda Fabia R5. Tamén nun Skoda, o segundo chanzo foi para Daniel Montoto e Maikel Márquez e o terceiro para Ricardo Vidal e Iria Fernández.

Compartir