Daba a sensación de que este 2026 non quería arrancar para Alberto Meira e Avelino Martínez, pero a Mariña Lucense, coa súa dureza habitual e o seu clima cambiante, encargouse de poñer a cada un no seu lugar.
Nunha proba marcada polas sorpresas e as penalizacións, o piloto de Vincios logrou aos mandos do seu Skoda Fabia R5 unha vitoria vital para reengancharse á loita polo Campionato Xunta de Galicia de Rallys despois de dos abandonos consecutivos. Meira aproveitou os problemas de Daniel Berdomás e Brais Mirón, que tras penalizar un minuto por unha avaría mecánica, tiveron que conformarse coa segunda praza tras unha remontada marca da casa para superar a un Luis Vilariño que, aos mandos do Skoda Fabia R5 Evo, volveu ser un valor seguro no podio, nesta ocasión copilotado por Néstor Casal.
Na Top Ten B Pirelli Grupo Breogán, o lucense Adrián Díaz volveu demostrar que as mans suplen a falta de cabalos, acadando co seu Toyota Yaris GR a sétima praza absoluta e a vitoria na copa (tamén na Plus) por Marcos Díaz e Víctor López (primeiros na Top Ten B Classic) e de Celestino Iglesias e Jorge Iglesias, que seguen sumando puntos co Ford Fiesta N5.
Precisamente a emoción mantívose ata o último suspiro na «Top Ten B Classic», onde Carlos López dominou gran parte do día ata que un erro no último tramo entregoulle a vitoria a Marcos Díaz e o seu BMW 318ti, seguido de preto por Carlos López e David Saavedra e Vicente Cabarcos e José Luis Fontao.
O que parecía un camiño triunfal para David Rivas e José Ángel Fente na «Challenge R2 Staroil» e na «Top Ten C» rematou nunha cuneta no derradeiro treito do rally. Unha saída de estrada deixou o liderado en mans dun Iván Vázquez que non desaproveitou a oportunidade para levarse a Top Ten C por diante de José dun Anxel Vizoso, que copilotado pola súa irmá Raquel, cederon o triunfo pola picada dunha roda. Pola súa banda, Sergio Tabeayo herdou a vitoria na Challenge R2, seguido no podio por Bruno Lago e o propio David Rivas, que puido reengancharse para salvar a terceira praza despois de perder moitos minutos.
Na «AMF Pirelli», Marcos Sanromán deu a badalada tras nove meses de parón ao imporse a Dani Álvarez nun duelo vibrante que se decidiu nos quilómetros finais co Peugeot 106 de Samuel Graña e Sergio C.Boga como terceiros clasificados e primeiros na «Amf Ofixe».
Graña mantivo o seu dominio de inicio de tempada cunha pilotaxe intelixente e unha monta de pneumáticos acertada para asinar a súa segunda vitoria do curso ante Roberto Suárez e Nicolás Andújar.
Finalmente, a «Criterium Recalvi» viviu un rally para esquecer dos seus favoritos, o que propiciou unha loita fratricida que gañou Yago Romero fronte Richard Franco, que foi segundo e o irmán do gañador, Ismael Franco, en terceiro lugar.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi terá lugar no mes de xuño en Sanxenxo, con motivo do Rally de Pontevedra.