O Campionato Xunta de Galicia de Karting proseguiu coa súa actividade coa celebración da terceira proba puntuable, o Karting de As Pontes.
Segundo paso polo trazado coruñés esta curso e novamente máis de 100 equipos inscritos nunha competición que conta cun importante viveiro de pilotos de cara o futuro. Nesta ocasión a chuvia apareceu na xornada dominical, algo que puxo a proba a resistencia dos equipos e especialmente dos participantes, con condicións ben diferentes ás que tiveron durante o sábado na que os verdadeiros protagonistas foron novamente os pre-rookie.
Xa no segundo día, turno para as diferentes categorías puntuables para o campionato. Na reservada aos participantes máis novos, a rookie Iame, triunfo para Bernardo García, seguido de Ian Díaz e de Neizan Granda. Na otra categoría, a rookie Vortex, primeira posición para Alex Fernández seguido de Izan Santamaría e Lucas Pardo.
Enzo Prada foi o mellor entre os participantes da categoría Mini. Prada impúxose nas dúas carreiras oficiais, nunha fin de semana de competitividade na abondosa categoría. O segundo chanzo do podio foi para Aroa Fernández, piloto do FGA Junior Team by Maxideza e terceiro foi Dani López.
Dentro dos debutantes na categoría, os Mini Novel, primeiro posto para Surhayén Díaz, seguido de Lucas Pazos e Xavi Maceiras.
Xa na categoría Júnior, primeira posición para Ramiro Martín. Alejandro Méndez e Kevin Fernández completaron o podio dunha categoría cunha igualdade moi interesante e 20 equipos na grella de saída.
Brais García foi o mellor clasificado na categoría Sénior no circuito de As Pontes. Saúl Vaz e Ylenia Domínguez foron segundo e terceira clasificacada, respectivamente.
Entre os KZ, primeiro posto para o asturiano Luis Fernández. A segunda posición foi para Guillermo Carrera e a terceira para Christian Domínguez. Entre os veteranos da KZ2, primeira praza para Guillermo Carrera (2º da xeral), seguido de Jorge Suárez e Diego González.
Alister Cenador foi o mellor dentro da Escola IRT. Cenador logrou o triunfo en ámbalas dúas carreiras do domingo. No podio da primeira proba acompañárono Iván Fernández e Beltrán Randis e na segunda Dylan Blanco e Beltrán Randis.
