«PISKO» VENTÍN E IAGO CAAMAÑO E ALBERTO RODRÍGUEZ ESTREAN CON TRIUNFO EN TOURO A TEMPADA DE RALLYMIX

2 mayo, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Rallymix comezou por todo o alto este sábado 2 de maio en Touro coa celebración da primeira proba puntuable para o certame, que contou ademáis con 96 equipos na liña de saída, 26 máis que na pasada edición.

A proba coruñesa, que se celebrou con puntualidade e nunha soa xornada deixou a batalla entre os principais candidatos ao título dende o primeiro metro cronometrado. A loita entre Alfonso «Pisko» Ventín, Javier Ramilo «Kobas» e Toñito López Lence foi a tónica dunha xornada que so baixou lixeiramente de intensidade cando o defensor do título, «Kobas», tivo que retirarse pola rotura da caixa de cambios do seu carcross.

Desta forma e por tan só medio segundo de diferenza o triunfo foise a parar a mans de «Pisko» Ventín, que ademáis foi o primeiro clasificado da Copa MRF. O segundo chanzo do podio for para Antonio López Lence e o terceiro para Iago Caamaño e Alberto Rodríguez, primeiros ademáis da Clase B co Ford Fiesta R5.

Caamaño e Rodríguez foron protagonistas dende o comezo da proba. Xa na primeira manga o equipo coruñés mezclouse entre os carcross da Clase A para ser o primeiro clasificado da Clase B e primeiro vencedor da Copa Pirelli 4×4. Na séptima posición da xeral, segundos da clase B e estreando o Peugeot 208 N5 situáronse César Garabatos e Santiago Nieto. Jaime Pérez e David Calvo foron terceiros clasificados (undécimos da xeral e segundos da Pirelli 4×4) co Peugeot 208 T16 R5.

Dentro da Copa MRF, ademáis de Ventín, remataron no podio Jacobo Andújar e Miguel Iglesias, nunha proba con abundante participación no formato.

Juan Manuel Cagiao e Francisco García foron os primeiros clasificados da Copa Pirelli Dianteira no Citroën Saxo. Completaron o podio Marcos Lista e Martín Fariña e Juan José Pintos e Joel Souto, ambos sobre Peugeot 208 R2.

 

Compartir