TODO LISTO PARA A 40º EDICIÓN DO RALI DE NOIA, SEGUNDA PROBA DO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE RALLYES – RECALVI

16 abril, 2026

Un mes despois, o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi afronta a súa segunda parada, un Rali de Noia que chega a súa 40º edición con 140 equipos, o límite que marca o regulamento e que deixou a case 20 participantes fora da competición.

O ambiente e os fermosos tramos da comarca fixeron que novamente a proba noiesa chegase ao límite de equipos, o que confirma o bo estado de forma dun certame que tará na liña de saída a 11 vehículos da categoría R5/Rally2.

Entre os favoritos, os vencedores do primeiro evento, Dani Berdomás e Brais Mirón, que no Citroën C3 Rally2 tentarán alongar o seu liderato no certame con permiso de Alberto Meira e Avelino Martínez, Luis Vilariño e David Míguez, José Lamela e Unai Conde ou Iago Caamaño e Alberto Rodríguez, entre outros.

Ademáis, tamén estarán presentes as distintas copas de promoción (Top Ten B, Top Ten C, Pirelli AMF E Criterium Recalvi) que se suman ao Supercampionato R5 e ao debut este curso da segunda edición da Challenge R2 – Staroil, con caras novas e Manuel Souto e Pablo Gregorio, que defenden o cetro do ano pasado.

En canto ao formato da fin de semana, as verificacións terán lugar este venres 17 de abril dende as 12:00 horas da mañá nas carpas do Malecón de Noia. A cerimonia de saída terá lugar en sentido ascendente (do 1 ao 142) a partir das 20:00 horas.

O sábado 18 de abril disputaránse os seis treitos cornometrados, dende as 10:30 horas. O primeiro participante entrará no parque pechado final ás 18:30 horas.

Os tempos online poden seguirse na seguinte ligazón:

TEMPOS ONLINE RALI DE NOIA

O Sportity da proba é:

RALINOIA26

Compartir