A Federación Galega de Automobilismo, dado o elevado número de vehículos da Clase III (Carcross) presentes no Campionato Xunta de Galicia de Autocross vai poñer en marcha un certame destinado a premiar ao mellor fabricante do certame a final de tempada.
Desta forma crease o Campionato Xunta de Galicia de Marcas Clase III 2026, que otorgará un trofeo ao mellor constructor na Gala de entrega de premios da FGA 2026. Tamén haberá trofeo para o segundo clasificado.
O sistema de puntuación será igual ao de escuderías, de forma que se publiacarán clasificacións despois de cada unha das carreiras puntuables.
O certame dará comezo, como é natural, no vindeiro Autocross de Arteixo, que se disputará o día 21 de marzo.
