Ante a previsión dun alto número de inscritos para a segunda proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Karting da Federación Galega de Automobilismo que se celebrará no Circuíto de Outeiro de Rei os vindeiros días 4 e 5 de abril, e seguindo o establecido no Art. 12.3 do Regulamento particular da proba, a organización comunica:
O prazo de inscrición para dita proba finalizará o venres día 27 de marzo ás 22:00 h, coincidindo co peche do primeiro prazo de inscrición, quedando cancelado o segundo prazo de inscrición a partir desa data e hora.
