RECORDATORIO PARA OS PARTICIPANTES DO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE AUTOCROSS

18 marzo, 2026

A Federación Galega de Automobilismo quere recordar a tódolos e tódalas participantes da primeira proba do Campionato Xunta de Galicia de Autocross, o Autocross de Arteixo, da obligatoriedade de chegar a proba co transponder plenamente cargado e situado no lugar adecuado do vehículo. Este dispositivo precisa aproximadamente 15 horas para a súa carga completa.

Ademáis, tamén se van a realizar verificacións máis estrictas esta tempada para que tódolos vehículos se ciñan ao apartado regulamentario dacordo coa súa clase.

Por último, prégase puntualidade nas verificacións para respectar os horarios marcados polo organizador da proba.

Compartir