IAGO GARCÍA PALACIOS, NOVO PILOTO DO PROGRAMA «+TALENTO MOTOR» DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

19 enero, 2026

Á terceira vai á vencida. Iago García Palacios, de 23 anos e nacido en Pontevedra convertiuse no novo piloto becado pola Deputación de Pontevedra a través do programa «+Talento Motor».

Os 14 aspirantes a facerse co volante do Dacia Sandero Eco Cup recibiron o curso de conducción previo a poñerse ao volante dos vehículos de estrada proporcionados por PTC Escuela.

Despois das mangas eliminatorias os finalistas foron Lucía Mariño, Iago García e Pablo Sierra.

Finamente e por tan só 8 décimas de segundo, García superou a Mariño e a Sierra, nunha final apaixoante na que o frío foi o protagonista no Circuito de A Madalena, que unha vez máis abriu as súas portas para contribuir a sacar adiante este proxecto.

Iago García Palacios comezará o seu proxecto deportivo de 2026 no Rally do Cocido, primeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi e do novo Volante FGA.

Compartir