A tempada de karting en Galicia rematou esta pasada fin de semana coa celebración da Supercopa de Karting en Outeiro de Rei, que neste 2025 reuniu a máis de un cento de inscritos. Dúas xornadas de convivencia e competición que remataron cos triunfos de Luaces, Otamendi, Lorenzoni, Fernández, Méndez, Vaz, Suárez e Suárez.
Na Escola IRT, a primeira praza da competición foi para Uxío Luaces, con Álex Esperón e Hugo Suárez na segunda e terceira posición, respectivamente.
Entre os participantes da categoría Rookie, a victoria final foi para Aitor Otamendi. A continuación do piloto asturiano situáronse Neizan Granda e Pablo Kardos.
O italiano Samuele Lorenzoni foi o mellor clasificado dentro dos participantes da categoría Mini. A segunda posición foi a mans de Enzo Sánchez e a terceira para Jorge Núñez.
Aroa Fernández foi a mellor entre os Mini Novel, seguida de Alex Busto e Enzo Ordóñez.
Entre a abondosa categoría Júnior, con 18 equipos inscritos, o mellor foi Alejandro Méndez. Completaron o podio da categoría Ramiro Martín e Martín del Pozo.
Saúl Vaz foi o campión entre os participantes da categoría Senior. O segundo chanzo do podio foi para Mario Rioja e o terceiro para Martín Prado.
Por último, entre os KZ, primeira posición final nunha apaixoante final con todo tipo de accións para Daniel Suárez. O segundo posto foi para Jorge Suárez e o terceiro para Guillermo Carrera.
Jorge Suárez foi ademáis o vencedor da categoría KZ2. A continuación Guillermo Carrera e Diego Soto.
