SENRA E MURADO PECHAN A TEMPADA CON TRIUNFO NO RALLY SAN FROILÁN

19 octubre, 2025

Víctor Senra e José Murado, no Hyundai I20N WRC, foron os vencedores do Rally San Froilán, novena e última proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi.

Un certame que chegou a Lugo coa emoción polo triunfo final entre o propio Senra e Alberto Meira, pero que quedou en prácticamente co abandono do piloto do Skoda no primeiro treito.

Desta forma Senra e Murado obtiveron seis dos oito mellores tempos da xornada para acadar unha victoria con susto final, xa que tiveron unha saída de estrada que lles fixo perder 30 segundos.

O segundo posto da xeral no seu retorno a competición foi para Iván Ares e Javi Martínez, no Toyota Yaris Rally2. O doble campión galego tomouse a proba coma un test de cara ao seu retorno ó Supercampionato de España.

Pecharon os tres primeiros clasificados da xeral Alberto Otero e Jordan Vázquez, nun Ford Fiesta Rally2 no que mostraron un ritmo excelente e no que foron os mellores dentro do Supercampionato R5 Recalvi Pirelli.

A continuación rematou outro equipo que retornou ó autonómico, o formdo por Luis Vilariño e David Míguez, nun Skoda Fabia Rally2 EVO (2° Supercampionato). Terceiros no Supercampionato foron César Garabatos e Santiago Nieto, noutro Skoda.

Adrián Díaz e Sara Fernández foron quintos clasificados e vencedores dunha Top Ten Pirelli Driver Autia B na que se fixeron co título os irmáns Tino e Jorge Iglesias, que remataron segundos clasificados en Lugo.

O terceiro chanzo do podio foi para Rubén López e José Ángel Fente.

Na Top Ten Pirelli Driver Autia C, primeiro posto para David Rivas e José Vieitez. O segundo posto e o título foron a parar a mans de Pablo Sánchez e Rubén Tourón. Álvaro Pérez e Paula de Carvalho foron os terceiros.

Precisamente Rivas e Vieitez foron os gañadores tamén da Challenge R2 Staroil na o título final foi para Manuel Souto e Raquel Rodríguez (terceiros) no que foi unha apaixoante primeira edición deste formato promocional. O segundo posto nesta carreira foinpara Sergio Tabeayo e José Antonio Pintor.

No Clio Trophy, os gañadores foron Álvaro Pérez e Paula de Carvalho, equipo becado pola FGA. Iván e Diego Vázquez non só foron segundos clasificados, tamén se fixeron co título na terceira edición deste formato. A terceira praza foi para o outro equipo becado da FGA formado por Marco Lorenzo e Diego Gil, que superaron no último treito a Álvaro Castro e Ricardo Rey.

Rubén Vázquez e Álex Somoza marcaron a pauta na Pirelli AMF, seguidos de Omar López e Iván López e de Héctor Pérez e Miguel López.

Miguel Gayoso e Carlos Guitián pecharon cunha nova victoria o título na Sandero Eco Cup Galicia. O piloto ourensán superou na xeral ao becado da Deputación de Pontevedra, Roi Rodríguez (con Dani González coma copiloto) e a Martín Varela e Alba Suárez, no seu debut no formato con vistas a 2026.

Por último no Volante FGA, sexta victoria en seis carreiras para Ánxel Vizoso, copilotado nesta ocasión pola súa irmá, Raquel. A continuación situáronse Jorge Brenlla e Iván Suárez e Jose Luis González e Javier Camuñas.

Compartir