O CASTRO PECHA O AUTONÓMICO DE AUTOCROSS

10 octubre, 2025

O Campionato Xunta de Galicia de Autocross chega a súa proba final de 2025 coa segunda visita ao circuito de Taragoña.

O 32 Autocross de O Castro celébrase este sábado 11 de outubro con tres dos campionatos xa decididos, pero coa categoría de carcross lista para coñecer ao novo campión.

Desta forma serán 50 os equipos presentes en Rianxo para afrontar a última proba dun curso apaixoante e que aumentou a súa participación notablemente.

As verificacións comezarán ás 8:15 horas da mañá, mentres que a actividade deportiva se iniciará logo do briefing ás 10:30 horas.

Toda a información da carreira pode atoparse no sportity da proba: 32OCASTRO25

Compartir