O Rally Comarca de Carballiño asume esta fin de semana o protagonismo no Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi.
Oitava cita puntuable para o certame e novo récord de inscritos. Nesta ocasión serán 154 os equipos que tomarán a saída dende a praza da Veracruz este venres para afrontar os case 100 kilómetros contra o cronómetro.
Entre os favoritos, Víctor Senra e Moncho López, que poden deixar sentenciado o título de pilotos na cita ourensana. Para evitalo, Alberto Meira e Avelino Martínez (este último pode sumar un novo título de navegantes en Ourense); Jaime Castro e Victor Manuel Fernández ou Javier Ramos e Francis Lema, entre outros, que ademáis pugnarán pola victoria no Supercampionato R5.
Tamén estarán presentes o resto de copas de promoción do certame autonómico para formar unha das listas de inscritos máis completas da tempada.
As verificacións técnicas comezarán ás 12:00 horas no entorno da praza da Veracruz, co primeiro treito cronometrado, o TC espectáculo de O Carballiño marcado para ás 20:13 horas.
Xa na xornada do sábado, turno para os oito treitos cronometrados restantes con comezo ás 07:47 coa especial de Piñor- Cea. O primeiro participante retornará á praza da Veracruz en O Carballiño ás 22:50 horas.
A entrega de premios será na propia praza ás 12 da noite, aproximadamente.
O sportity da proba é: CARBALLINO25
