O AUTOCROSS DE CARBALLO, CON MÁIS DE 70 EQUIPOS NA SEXTA CITA DO AUTONÓMICO

26 septiembre, 2025

Penúltima parada do Campionato Xunta de Galicia de Autocross con motivo do Autocross de Carballo, sexta proba puntuable do certame e que terá máis de 70 equipos no trazado coruñés.

Segunda visita ao trazado de Carballo este curso e grande presenza de vehículos das Clases I e II o que confirma a recuperación vista en probas anteriores. Ademáis, haberá máis de 30 carcross entre as categorías júnior e absoluta, ao que se une a presenza sempre atractiva da Copa MRF Sénior e Júnior, que aporta premios económicos aos que utilicen os pneumáticos da firma.

En canto aos horarios, a proba comezará os adestramentos libres ás 10:30 horas, coa primeira das mangas de clasificación marcada para as 12:40 horas.

Despois do parón do mediodía comezarán as mangas oficiais a partir das 15:00 horas. As finais comezarán a partir das 19:00 horas.

A entrega de premios aos mellores equipos está marcada para ás 21:30 horas da tarde o propio circuito.

Compartir