AS SOMOZAS ACOLLE O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE SLALOM

26 septiembre, 2025

O Campionato Xunta de Galicia de Slalom avanza esta fin de semana coa celebración da penúltima proba puntuable, o Slalom de As Somozas.

A cita coruñesa contará con 51 equipos na liña de saída da súa cuarta edición, cos principais candidatos ao título na liña de saída. Parten coma favoritos nesta carreira o campión de 2024, Rubén Gandoy, e os dous máximos contendientes deste curso, Iván Picallo e Borja Cotovad, que tentarán dirimir o novo campión autonómico nunha lista con moitos nomes coñecidos.

En canto aos horarios, a primeira manga de adestramentos comezará ás 10:30 horas, coa segunda xusto a continuación. Despois do parón do mediodía, ás 16:30 será o turno das dúas mangas oficiais que se celebrarán consecutivamente.

A entrega de premios está marcada para 21:45 horas na Casa do Concello de As Somozas.

O Sportity do Slalom de As Somozas é : SOMOZAS25

Compartir