O Campionato Xunta de Galicia de Rallymix prosegue este venres 19 e o sábado 20 de setembro coa celebración da oitava edición do Rallymix Cuntis Vila Termal, sexta proba puntuable para o certame.
Nesta ocasión son 91 equipos os que tomarán a saída na cita pontevedresa, que contará coa presenza dos habituais do autonómico. Entre os participantes da Clase A, novo enfrontamento entre os principais candidatos ao título, con Javier Ramilo «Kobas» defendendo o liderato fronte a Alfonso «Pisko» Ventín e Sergio Fernández, nunha categoría con casi 50 participantes.
Precisamente na clase A estarán os equipos inscritos na Copa MRF, que nesta ocasión terá 14 equipos.
Entre os participantes da Clase B, Tino e Jorge Iglesias parten como favoritos ante Osorio e Dos Reis ou a presenza de dúas novidades, José Lamela e Unai Conde e Iago Caamaño e Alberto Rodríguez, no Toyota Yaris N5 e o Ford Fiesta R5, respectivamente. Tamén estarán nesta competición os integrantes das Copas Pirelli e da Copa Iniciación Escuderías.
En canto aos horarios, as verificacións técnicas darán comezo este venres 19 de setembro, ás 18:00 horas na Rúa do Convento de Cuntis.
Xa o sábado, turno para as catro mangas oficiais con hora de saída do primeiro participante na manga inicial ás 08:30 horas.
