O Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre chega a súa última proba da tempada 2025, a Subida a Ponte Caldelas.
Séptima parada do certame e récord de inscritos da tempada e da carreira pontevedresa, que terá na liña de saída a 96 equipos, unha situación que confirma a boa fama da carreira e o crecemento continuado da modalidade en Galicia nas últimas tempadas. Entre os favoritos a victoria absoluta, Jorge Fernández Vilarchao parte como claro candidato. A ausencia do xa campión Jacobo Senín e o parón de Alexis Vieitez, deixan ao ourensán como o rival a batir nunha rampa que este ano sufre unha pequena modificación na parte final.
Ademáis, tamén estarán os equipos participantes na Copa CM Montiño – Terras de Lantaño Memorial Paco Outeda e varios monoprazas que seguro darán un bo espectáculo.
Entre os carcross, nuevo enfrontamento entre Alfonso «Pisko» Ventín e Abrahán Vázquez, nunha categoría na que haberá 22 participantes. Mario Rivera, becado da Federación Galega de Automobilismo, afrontará a súa última proba como piloto FGA nunha tempada de progresión e mellora continua.
Dentro dos carrozados, Jorge Pérez Alonso, xa campión, tentará obter a victoria ante rivais coma Manuel Senra, de novo no Hyundai I20 WRC, Fran Casqueiro, no Volkswagen Golf TCR e Jonathan Álvarez, no BMW. Tamén terán opcións Tino Iglesias, no Ford Fiesta N5 e José Carlos Figueiras, no Porsche 997 GT3.
Con respecto aos horarios, as verificacións opcionais comezarán ás 18:30 horas no centro da localidade pontevedresa. Xa o sábado 6 de setembro, turno para os resto das verificacións e comezo da proba a partir das 13:30 horas coa celebración da primeira manga de adestramentos.
O domingo a actividade comezará ás 09:30 horas da mañá.
Nesta ocasión si haberá streaming da proba que poderá seguirse a través da canle de Youtube da FGA:
O sportity da Subida a Ponte Caldelas é:
